Galego e italiano en diacronía: novos verbos no século XX
Abstract
Na presente investigación estúdase a aparición ó longo do s. XX de novos verbos (que comezan pola letra B) en galego e italiano. Aplicando a metodoloxía de traballo común nos observatorios de neoloxía das linguas romances e dende unha perspectiva contrastiva, revisáronse tanto dicionarios monolingües coma corpus de referencia para comprobar cales son os verbos que sitúan a súa primeira documentación no s. XX. Obtivéronse 41 verbos galegos e 55 italianos, que se estudaron polo miúdo e comparáronse cos verbos presentes en dicionarios específicos de neoloxismos. Finalmente, conclúese que o método é válido para o obxectivo buscado, pero coa necesidade de que, para que o resultado sexa fiable, dicionarios e corpus cumpran unhas características mínimas que, alcanzándose para o italiano, non se dan a día de hoxe en galego.